Marta Alonso Tejada / dirixe martaalonsotejada cía
Bailarina, actriz, directora escénica e xestora cultural
A traxectoria profesional como creadora e intérprete de Marta Alonso (Ourense, 1983) é multidisciplinar e hiperactiva. Vinculada a diferentes compañías e colectivos galegos, a súa actividade artística traza, desde o seu inicio no 2008, unha investigación constante na danza e no movemento que se achega ao teatro, ao circo e ao audiovisual.
Na actualidade dirixe a súa compañía homónima, martaalonsotejada cía, onde produce os espectáculos Bailar Agora (2020), SOFÁ out (2023), SOFÁ in (2022) e Dancin´Queen (2021).
Como intérprete, recibe no 2021 o Premio María Casares a Mellor actriz Principal por Bailar Agora, estando nomeada nesta mesma edición a Mellor Actriz Secundaria por Dreaming Juliet da cía Elefante Elegante.
Como directora escénica, recibe no 2021 o Premio María Casares a Mellor Dirección por Bailar Agora, compartido con Pablo Rebolerio Rama.
No 2023, convidada por outras compañías, dirixe os espectáculos: TRANSIR, da cía de circo Rojo Telón, (País Vasco) e INSUBMISA, da cía de teatro Antagonista Teatro (Galiza).
Neste momento está a traballar na nova producción do CDG (Centro Dramático Galego) que se estreará en Abril do 2024, e está en xira cos espectáculos Bailar Agora e Sofá.
xestión cultural
Desde 2008 combina a súa traxectoria artística cunha potente actividade na xestión cultural e na docencia da danza.
Na actualidade é integrante da directiva da Asociación IS.MO Cultura.
Abanea
Como integrante da directiva da Asociación IS.MO Cultura., Co-dirixe o Abanea - Festival de danza e movemento que se realiza por primeira vez en Xullo do 2022, desenvolvendo a súa segunda Edición no 2023. Este Festival forma parte de Acieloabierto - Red de Festivales en espacio non convencional, sendo Marta parte da Asamblea desta rede en representación de Abanea.
Anteriormente, foi fundadora e codirectora das 11 Edicións do festival de danza e artes do corpo: corpo(a)terra. (2011-2021)
deteminada co
Forma parte de Determinada Co., xunto a Paula Quintas, entidade onde coproduce os espectáculos nos que tamén é intérprete: Nina Ninette (2021), Alma non é hippie (2019) e Up2Down (2015).
docencia
Desde 2008 crea, programa e produce diferentes proxectos ralcionados coa docencia e transmisión da danza.
Creadora e Xestora de programas de formación en danza para profesionais en Galiza, tales como: Enxebre Danza: Summer Intensive de corpo(a)terra e Plan de Adestramento Profesional en Danza Contemporánea de Galicia, xestionado como Danza Alfaia en Colaboración con trasPediante cultura, o Concello de Santiago de Compostela e a Diputación de A Coruña (2018-2020).
Tamén é creadora e foi directora durante 12 anos da Escola Danza Alfaia en Santiago de Compostela.
Na actualidade deseña e imparte workshops para colectivos específicos, workshops relacionados cos espectáculos en cartel da cía martaalonsotejada e o seu interese pola formación en danza hibrídase co formato escénico experiencial, como é no caso de "Discoteca de Señoras".